Son María Encina González, optometrista e audióloga
Responsable de Óptica Arteixo. Levo unha longa traxectoria ás costas, tanto na atención ao cliente como na xestión de tendas e na formación de profesionais do sector.
A saúde visual e auditiva son a miña especialidade, o meu traballo comeza co servizo de avaliación e remata cando o cliente recibe a solución que se adapta ás súas necesidades.
Orientación ao cliente
A nosa principal característica é unha atención 100% personalizada na que ofrecemos a mellor solución ás súas necesidades.
Compromiso cos resultados
Preocúpanos o traballo ben feito e facemos un uso coidadoso dos recursos que temos dispoñibles.
Honestidade e ética
A honestidade e a transparencia marcan o noso comportamento, tanto cos nosos clientes como cos nosos compañeiros.
Desenvolvemento persoal e profesional do equipo
Somos persoas que queremos crecer, que queremos aprender, mellorar cada día e crecer persoal e profesionalmente.
Que facemos en Óptica Arteixo?
Ofrecemos un servizo e produto de calidade, baseados en valores e servizo máis aló do prezo.
Aportamos solucións visuais e auditivas a todas as persoas para mellorar a súa calidade de vida, promovendo o desenvolvemento do talento dos nosos colaboradores e xerando unha rendibilidade sostible.